Máis información en etl@concepcionarenal.org
Un mundo de posibilidades
Dámosche a benvida á nosa escola de tempo libre Concepción Arenal (ETL), neste lugar poderás obter información relevante sobre os nosos cursos que ofrecemos para mellorar a calidade de vida dos nosos inmigrantes e residentes na comunidade autónoma de Galicia.
Cales son os nosos principios fundamentais?
Ante a gran demanda da que a tecnoloxía asistimos nos últimos anos, decatámonos de que a interacción social en ocasións se deixou de lado como principio fundamental para o desenvolvemento do ser humano, por iso, a través dos cursos que impartimos na nosa escola, buscamos poder retomar esa interacción social tan fundamental para o desenvolvemento bio – psico – social da nosa sociedade.
Grazas aos nosos cursos, buscamos de forma dinámica dotar ao noso alumnado de ferramentas que lles permitan mellorar a súa situación laboral e, do mesmo xeito, o seu entorno social. É deber dos nosos alumnos e profesores, tendo en conta os nosos principios históricos, proporcionar solucións adecuadas ás nosas demandas contemporáneas, como:
“Ferramentas para mellorar o tempo libre das persoas, o desenvolvemento persoal, o desenvolvemento profesional e un amplo catálogo de posibilidades que ofrecemos para mellorar a nosa sociedade e a nosa querida comunidade galega”.
A nosa figura orientadora
A través da nosa escola buscamos seguir o ronsel de Concepción Arenal, muller loitadora que cambiou a concepción da figura feminina no século pasado, buscando a igualdade e o benestar social, como principio que impera na actualidade tanto no noso alumnado como no profesorado.
Temos diferentes cursos na nosa Escola de Tempo Libre:
- Monitor de Tiempo Libre.
- Director de Tiempo Libre.
- Formación complementaria.
CONTACTA CONNOSCO
Podes formarte na nosa Escola de tempo libre. Envíanos os teus datos e dinos en cal curso tés interese.
Porémonos en contacto o antes posible.