Sobre nós
O Padroado de Concepción Arenal fundouse en Ferrol en 1906, despois de seguir o ronsel e figura da ilustre ferrolá Concepción Arenal. Cos seus principios intactos créase unha entidade sen ánimo de lucro, cuxo obxectivo é dar resposta ás necesidades específicas do momento. Por iso, centrámonos na mellora da convivencia intercultural e da inclusión social.
Posicionámonos a favor da diversidade e da convivencia. Cremos nunha sociedade plural e diversa e na que o colectivo de mulleres en situación de exclusión social e inmigración é parte fundamental dela. Desenvolvendo todas as nosas actividades arredor do fortalecemento asociativo e do traballo en rede.
O Padroado de Concepción Arenal é unha asociación sen ánimo de lucro que se financia mediante axudas públicas.
O noso equipo
Beatriz
Psicóloga
Directora
Paz
Graduada social
Xerente
Maité
Técnica de Igualdade
Subdirectora
Juan Carlos
Técnico de igualdade
Estela
Traballadora Social
Carmen
Mediadora
William
Mediador
Doris
Mediadora
Íñigo
Mediador
Coordinador voluntariado