A historia do Padronato Concepción Arenal ten a súa orixe en Ferrol, en 1906, tras seguir o ronsel e figura da ilustre ferrolá Concepción Arenal. Cos seus principios intactos créase unha entidade sen ánimo de lucro.
O noso obxectivo sempre foi dar resposta ás necesidades específicas do momento, mellorando a convivencia intercultural e a inclusión social.

Situámonos a favor da diversidade e a convivencia. Cremos nunha sociedade plural e diversa. En que o colectivo de mulleres en exclusión social e a inmigración é parte fundamental da mesma.

Sempre desenvolvemos todas as nosas actividades en torno ó fortalecemento asociativo e ó traballo en rede.

Sobre nós