Imaxes e información:
- Wikipedia
- Óscar Cebolla
- sitio web Herstóricas. Historia, Mujeres y Género
- sitio web Autoras de Cómic
- sitio web Correos
- sitio web IES Concepción Arenal
- sitio web Colexio Concepción Arenal
- Miguel Villar
- Museo virtual USC
Ilustración do artista Óscar Cebolla
Concepción Arenal Ponte (Ferrol, 31 de xaneiro de 1820 – Vigo, 4 de febreiro de 1893) foi unha experta en dereito, pensadora, xornalista, poeta e autora dramática española enmarcada no realismo literario e pioneira do feminismo español. Ademais, foi considerada a precursora do Traballo Social en España. Pertenceu á Sociedade de San Vicente de Paul, colaborando activamente desde 1859. A través das súas publicacións defendeu o labor que realizan as comunidades relixiosas en España. Colaborou no Boletín da Institución Libre de Ensinanza. Ao longo da súa vida e obra, denunciou a situación dos cárceres de homes e mulleres, a miseria nas residencias de anciáns ou a mendicidade e a condición da muller no século XIX, na liña das sufraxistas do século XIX, e das precursoras do feminismo.
Entre os seus recoñecementos, ten dedicadas rúas e monumentos en diversas localidades de España, Uruguai e Arxentina, entre elas Miranda de Ebro onde dirixiu o Hospital de Sangue durante a terceira guerra carlista. Ademais, en varias localidades hai escolas, institutos, bibliotecas e hospitais co seu nome.
En xullo de 2018 a asociación Herstóricas. Historia, Mujeres y Género e o colectivo Autoras de Cómic crearon un proxecto cultural e educativo para visibilizar a contribución histórica da muller na sociedade e reflexionar sobre a súa ausencia coherente nun xogo de cartas. Unha destas cartas está dedicada a Arenal.
No ano 2022, Correos emite un selo adicado a Concepción Arenal, dentro da colección #8MTodoElAño.
Monumento na Rúa Fernando VI, barrio de Esteiro (Ferrol)
Selo editado por Correos no 2022 da colección #8MTodoElAño
Fachada IES Concepción Arenal en Rúa Cuntis, Ferrol
Colexio Concepción Arenal en Ourense
Monumento a Concepción Arenal en Ourense
Busto de Concepción Arenal na biblioteca homónima, Universidade de Santiago de Compostela. Obra de Corral y Berjano
Placa cerámica da rúa en Madrid, obra de Alfredo Ruiz de Luna
Monumento no Parque do Oeste, Madrid
O pasado 2020 celebrouse o II Centenario do seu nacemento
Le algunha das súas obras:
Imaxes e información: